Biblioteca IES Agra de Raíces.

8/1/15

Xuntanza Las lágrimas de Shiva

Exitosa, como sempre, a lectura de Las lágrimas de Shiva. Tod@s os areeiros coincidiron no bonito que é o libro e puntualizaron detalles moi significativos da obra.


9/12/14

Xuntanza Las lágrimas de Shiva

Este xoves 11 de decembro temos a xuntanza da 1ª lectura deste curso: Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí.
Neste libro, a parte de toda a historia narrada, xoga un papel moi importante a música e é por isto que imos deixar aquí vídeos da música preferida dalgún dos protagonistas e tendes que averigurar a quen lle gustaba cada tema.
A XOGAR!!!!!!!!!!

Los Beatles:

                         
Los Rolling Stones:

                         

Leonard Cohen:

                         

Tango, Carlos Gardel:

                           
                   
Tchaikovsky:
   
                          

Grazas a Carmen Andreu Gisbert por compartir os seus contidos educativos no seu blog de Língua e literatura castelá.

18/11/14

1º libro de libroscomarea 2014-2015

Un curso máis libroscomarea empeza a súa andaina con lecturas divertidas, o primerio libro proposto é Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí que obtuvo moito éxito no curso 2012-2013. Podes ver os enlaces dese curso neste mesmo blog. Podes pasar a recollelo na biblioteca e pronto anunciaremos a primeira xuntanza para falar do libro.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!!

2/10/14

Libros coma area xa está aquí

Un curso máis Biblioteca Viva pon en marcha Libros coma area, o club de lectura do IES Agra de Raíces. Pronto faremos pública a convocatoria para a presentación do club, formar os grupos e empezar a ler coma area.
Benvidas e benvidos a libroscomarea!!!!

9/6/14

Últimas lecturas!!!

Por recomendación do 1º ciclo, os alumnos do club dos maiores lerán tamén O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e para os máis pequenos queda proposto Chamádeme Simbad de Fran Castro. A ler pronto e a ver se nos podemos reunir antes de rematar o curso!!!

3/6/14

La casa de Bernarda Alba para despedir o curso

Hoxe a compañía de teatro El Ruiseñor representa no Teatro Colón da Coruña La casa de Bernarda Alba e libroscomarea do 2º ciclo acércase a Coruña para vela. Todos os alumnos do club do 2º ciclo forman parte á súa vez do grupo de teatro do instituto e a obra que representarán a finais deste curso é precisamente La casa de Bernarda Alba. Aproveitando que a obra se representa na Coruña acudimos a vela os alumnos do club acompañados dos outros alumnos do teatro e tamén do profesor/director da obra no centro, Luis Hierro.