Biblioteca IES Agra de Raíces.

31/1/14

Novas lecturas

Xa temos novas lecturas para os dous clubs. Para o club do 1º ciclo foi elixido o libro Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, outros cursos xa se leron nos clubs varios libros deste escritor.
No club do 2º ciclo saíu elixida A cabeza de Medusa, de Mareilar Alexandre.

22/1/14

Los secuestradores de burros

Os areeiros de 1º de ESO convertíronse, guiados por Gerald Durrel , en secuestradores de burrros.
Encantados desta lectura quedaron todos os alumnos, alumnas, profesores e profesoras de libros coma area. Xa o curso pasado léramos Mi familia y otros animales do mesmo escritor e igualmente fora un exito.


Xuntanza Sin noticias de Gurb

Esta semana reunímonos os areeiros do 2º ciclo para comentar Sin noticias de Gurb, houbo diversas opinións sobre o libro pero todos coincidimos en que era moi divertido e que estaba escrito dunha maneira non común, como se se plasmaran ideas que se che ocorren en cada instante. Quizais eso é o que quería reflectir Eduardo Mendoza neste libro.

11/12/13

Novas lecturas!!!!!!

Xa temos novas lecturas en libroscomarea!! En 1º de ESO continuamos a andaina lectora con Los secuestradores de Burros de Gerald Durrel e no 2º ciclo da ESO leremos o divertido libro de Eduardo Mendoza, Sin noticias de Gurb.




29/11/13

Convocatoria xuntanzas de libroscomarea

Convocamos a tódolos membros de libroscomarea á xuntanza da próxima semana. O martes 3 de decembro ás 12:05 no taller de matemáticas reunión do club do 2º ciclo, falaremos de Berta!!!!
E o mércores 4 no 2º recreo, 12:05h, reunión do club de 1º ESO tamén no taller de matemáticas para falar de A miña planta de laranxa lima.
Deberíades acudir todos e todas co libro rematado, posto que houbo moito tempo para lelos.

22/11/13

Berta!!!

Acércase o 25 de Novembro, Día en contra da violencia cara a muller, e o libro que estamos lendo no club do 2º ciclo ten moita relación con este tema. Proximamente teremos a reunión e iremos contando aquí a acollida do libro así como os comentarios relacionados coa Violencia cara a muller que xurden logo de ler este libro.

8/11/13

XUNTANZA

MARTES 12 no 1º recreo xuntanza dos dous clubs de lectura no taller de matemáticas (3ª planta, enfrente da aula de música).