26/12/23
28/11/23
CHUVIA DE LIBROS
Estamos a ter un outono pasado por auga, pero non só chove auga, tamén choven libros! Neste mes de novembro tivemos as primeiras sesións de análise das lecturas: deste xeito o día 16 o grupo dos máis maiores comentaron o relato corto La lotería de Shirley Jackson, destacando os seu parecido con obras máis actuais como Os xogos da fame de Suzanne Collins. Ao día seguinte tivo lugar a reunión dos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, na cal comentaron un fragmento de El libro del cementerio de Neil Gailman.
Unha vez tratadas estas lecturas iniciais producíronse as primeiras entregas de libros; coma nos últimos anos decidimos facer diferentes desdobres e así a metade das rapazas maiores están a ler Un feiticeiro de Terramar de Ursula K. Le Guin e a outra metade El guardián invisible de Dolores Redondo.
7/11/23
CERTAME DE MICRORRELATOS DE TERROR 2023
Hoxe martes, día 7, entregáronse os premios aos mellores microrrelatos de terror do Samaín 2023. A continuación expoñemos o relatos gañadores xunto cos seus autores, os cales recibiron un vale regalo para librerías da nosa contorna.
Os premiados son:
1º CICLO ESO
2º CICLO ESO
BACHARELATO
4/11/23
DÍAS DE SAMAÍN
Seguindo a tradición destes últimos anos, as primeiras sesións do club de lectura Libros coma area! están ambientadas no terror e suspense típico das datas de Samaín. Por todo isto, a primeira entrega de lecturas dos grupos de 1º / 2º da ESO e de 4º ESO / 1º / 2 de BACH corresponden a libros relacionados con estes temas, así no primeiro caso recibiron un fragmento do Libro do cementerio de Neil Gailman e no segundo caso o relato corto A lotería de Shirley Jackson.
13/10/23
COMEZAMOS!!!
Chegou o mes de outubro e, un ano máis, o club de lectura Libros coma area! retoma as súas actividades. Despois de promover as nosas actividades polo centro nas semanas previas xa temos establecidos un grupos de traballo: este ano haberá un grupo de 1º da ESO, un grupo de 2º da ESO e un grupo de 4º e 1º / 2º de BACH; ademais organizarase un grupo de lectura de adultos co persoal docente e non docente do centro.
20/6/23
FIN DE CURSO
As vacacións de verán xa están a volta da esquina e no club de lectura Libros coma area! realizamos as últimas sesións do ano.
Por unha banda, tivo lugar a última sesión do grupo de lectura de adultos, os profesores e profesoras reunímonos para falar da obra de Luz Gabás Lejos de Luisiana. Destacouse a facilidade coa que avanzou a lectura do libro a pesar do seu tamaño e a coidada documentación histórica levada a cabo pola autora.
Por último destacar a xuntanza final dos dous grupos do club de lectura, nesta reunión aproveitamos para ler as dedicatorias realizadas nos libros comprados na iniciativa Unha mensaxe enterrada nos libros, tal e como podedes ver na fotografía seguinte.
A partir de agora a biblioteca do IES Agra de Raíces ten nos seus fondos uns espectaculares novos libros e os membros do club de lectura do curso 2022-2023 deixaron a súa pegada neles.
E xa rematando a nosa foto de familia... Felices vacacións!!!
12/6/23
O SPRINT FINAL
O curso está chegando ao seu fin e o club de lectura "Libros coma area" está a realizar as súas últimas sesións, deste xeito reunímonos para falar dos libros do terceiro trimestre.
O día 25 de abril tiveron lugar, nos dous recreos, as sesións do grupo de 1º da ESO para comentar Stravagantia e a A historia interminable. Nesta mesma sesión acordouse que os alumnos e alumnas inventaran un monstro co obxectivo de crear un bestiario de animais fantásticos.
O día 20 de maio, fixemos a reunión do grupo de 3º / 4º da ESO e 1º de BACH, nesta ocasión cada un dos desdobres falou da obra que leu, xa ben Beleza vermella ou La emperatriz de los etéreos. Tras comentar as impresións sobre os mesmos, abrimos a posibilidade de que poidan levar no verán o libro que non leron para poder comparalos.
Por último, queremos falar da visita da autora do libro A caída de Guiomar, Alba Rozas, ao noso centro; o alumnado de 1º da ESO leu o seu libro durante o mes de maio e asistiu a unha xuntanza coa escritora o venres, 9 de xuño. Alba Rozas falou sobre as posibilidades do xénero de fantasía ambientado no mundo da mitoloxía galega; os nosos rapaces e rapazas non deixaron de facer preguntas e opinar sobre a súa obra.
Aproveitando esta ocasión, o alumnado de 1º da ESO presentou o seu bestiario fantástico á autora e despois depositouno na biblioteca para que nos anos posteriores se vaia completando.15/5/23
SAÍMOS POR FIN!!!
Os rapaces e rapazas do club de lectura "Libros coma area" levaban moito tempo desexando facer unha saída, o ano pasado cando se levantaron as restricións da pandemia tentáramos facer unha excursión ao Pindo pero o tempo non acompañara. Finalmente, o día 11 de maio, realizouse o tan agardado roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela; 21 alumnos e alumnas coa compañía dos tres profesores integrantes do club de lectura fixeron unha andaina polo Casco vello e a Alameda.
Primeiramente percorremos o Casco vello visitando os monumentos máis senlleiros, mentres que comentabamos diferentes anécdotas literarias.
22/4/23
O DÍA DO LIBRO NO HORIZONTE
Despois de desfrutar dunhas merecidas vacacións de Semana Santa, todos os membros do club de lectura, tanto os maiores como os máis pequenos, reunímonos o xoves día 13 de Abril, o obxectivo era preparar o vídeo do Día do libro. Cada alumna e a alumno recibiu unha parte do guión para memorizalo con vistas a semana seguinte. Deste xeito, na semana do 17 ao 21, gravamos o citado vídeo que verá a luz o Día do libro
O xoves desta mesma semana tamén recibimos unha visita moi especial, o club de lectura do CEIP Vila de Cee, os Navegantes en mares de papel. Reunidos na biblioteca do noso centro, intercambiamos as experiencias vividas nos nosos respectivos clubs de lectura.
.png)









.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)











.jpg)












