Biblioteca IES Agra de Raíces.

28/6/24

 CHEGA O VERÁN!!!

Remata o mes de xuño e temos sentimentos encontrados, por fin chegan as vacacións pero tamén finaliza o club de lectura. Este ano conclúen a súa estancia no centro algunhas das participantes máis prezadas do club, as rapazas de 2º de BACH; aínda que isto poida facer que as botemos en falta, estamos seguros que levarán o nome de Libros coma area! polo mundo adiante con orgullo e que terán un gran éxito no seu futuro. Para despedilas como se merecían, realizamos unha xuntanza onde, ademais de comentar os libros A culpa de María Solar e Crímenes exquisitos de Vicente Garrido e Nieves Abarca, fixémoslles unha pequena homenaxe. Foilles entregado a todas as participantes do grupo de 4º ESO e 1º/2º BACH un collage con fotografías do seu paso polo club nos últimos anos, agardamos que lles gustara.


Non podía faltar tampouco a reunión de despedida do grupo dos máis pequenos. Neste caso centramos a actividade na lectura das dedicatorias realizadas dos libros da iniciativa Unha mensaxe enterrada nos libros. Eses tesouros quedan gardados agora na nosa biblioteca, xunto cos libros tamén recomendados polas alumnas máis maiores.


Para finalizar, desexar a todos os nosos seguidores un feliz verán e prometer que estaremos de volta o curso que vén.


No hay comentarios:

Publicar un comentario