Biblioteca IES Agra de Raíces.

26/5/24

SAÍDA CONXUNTA Á CORUÑA

O día 9 de maio tivo lugar unha das actividades máis agardadas do ano, o roteiro histórico-literario pola cidade da Coruña. Nesta ocasión decidimos compartir a experiencia cos nosos colegas do club de lectura Nautilus do IES Fernando Blanco, converténdose nun marabilloso acto de confraternización.

A xornada comenzou polo Arquivo do Reino de Galicia onde se nos mostraron documentos históricos da nosa comarca, tamén participamos un interesantísimo experimento sobre a restauración de documentación en mal estado. A próxima ocasión que se lles estrague unha libreta no instituto, xa saben que facer...



O seguinte paso foi a visita á sede da Afundación de ABANCA, nestas instalacións durante o mes de maio permanece exposta unha homenaxe á obra e a figura de Picasso a través do cómic. Moi diversos estilos de banda deseñada estaban alí representados e fixeron as delicias dos nosos alumnos e alumnas.




Despois dun almorzo polos xardíns de Méndez Núñez, realizamos unha andaina pola cidade comentando diferentes anécdotas histórico-literarias. 



Como remate, só dicir que foi un día espectacular e que agardamos repetilo o ano que vén.







No hay comentarios:

Publicar un comentario