Biblioteca IES Agra de Raíces.

30/10/18

Heroes e heroínas

Hoxe, na biblioteca, o grupo Arroases de Estorde tivo a primeira xuntanza do curso 2018-19. Demos a benvida a Helena e Miguel Ángel, que se achegaron por vez primeira ao club de lectura Libros Coma Area e realizamos unha lectura multilingüe do Astérix en Italia.


O vindeiro luns, 5 de novembro, teremos a segunda xuntanza do club multilingüe de banda deseñada, ás 12:05 na biblioteca.

E o  luns, 26 de novembro continuaremos falando de heroes e heroínas  con Fóra do normal de María Reimóndez, novela gañadora do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.

25/10/18

Club multilingüe de banda deseñada


O día 30 de outubro comeza a andaina do club multilingüe de banda deseñada. Podes elixir o idioma que prefiras ou varios: castelán, inglés, galego e francés. Desta volta, viaxamos con Astérix cara a Italia. Embárcate cos Arroases de Estorde se estás a cursar 3ª da ESO.


18/10/18

Concurso de micro-relatos de medo


É tempo de outono, de contos arredor do lume, de apañar castañas, de magostos.
Tamén é o tempo do Samaín, do Halloween.
É tempo de contar historias de medo.
Poderás facelo en só 50 palabras? Nós, achamos que si.

Bases Concurso Micro-relatos de medo:

Pode participar todo o alumnado do IES Agra de Raíces.
O micro-relato non poderá superar as 50 palabras.
O micro-relato non terá título.
Poderá escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. Deberá incluir a tradución ao galego cando se presente nunha lingua diferente.
O micro-relato publicarase como unha resposta a esta entrada do blog(escribe o teu micro-relato na sección publicar un comentario, na parte de abaixo deste artigo😌)
O alumnado participante, deberá indicar o seu nome e curso.

Entre todo o alumnado participante, sortearase un agasallo arrepiante que se entregará o día 31 de outubro na Biblioteca.

O prazo para publicar as entradas no blog,  remata o día 29 de outubro de 2018


17/10/18

Club de lectura 2018 - 2019



Comezamos!

Este curso 18-19, chega con moitas novidades.
Achégate á biblioteca o 24 de outubro a descubrilas.