Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/4/22

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Este sábado, día 23 de Abril, celebrouse o día do libro e o club de lectura "Libros coma area" non podía deixar pasar esta data sen facer algo especial para conmemorala. Fai xa meses que comenzamos a preparar un vídeo para promover a lectura entre os máis pequenos e agora podedes ver o resultado.

Foi un traballo realizado con moita ilusión e agardamos que vos guste, tamén vos recomendamos ver o vídeo ata o final pois, como nunha película de superheroes, temos escena postcréditos.


Por último queremos agradecer ao CEIP Eugenio López, ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría e ao CEIP do Pindo a súa colaboración na divulgación deste vídeo.



20/4/22

 

UN CLUB DE PELÍCULA!!

Nos días previos ás vacacións de Semana Santa, o alumnado participante do club de lectura "Libros coma area" estivo a realizar a gravación dun vídeo. Foi un desafío apaixonante e a verdade é que nos rimos un montón. Nos próximos días mostraremos o resultado, agardamos que vos guste!!!