Biblioteca IES Agra de Raíces.

28/1/19

Nova sesión do club de lectura multilingüe


O vindeiro luns 11  de febreiro comentaremos o conto alegórico L´homme qui plantait des arbres do autor francés Jean Giono, recomendación do escultor e artesán da madeira Inazio Abrao, artista encargado da remodelación do mobiliario da Biblioteca da Escola de Idiomas de Lugo.

The Man Who Planted Trees




23/1/19

Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño

                                             Club de lectura de Bacharelato




  “É o tempo do feminismoda xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade epor que nonDa felicidade” 

Begoña Caamaño

19/1/19

Parque Begoña Caamaño Rascado




A autora elixida para a vindeira sesión de debate do club de lectura de Bacharelato ten adicado un parque na súa cidade de adopción, Santiago de Compostela.
O pasado mércores, asistimos a un emotivo acto oficial, organizado polo Concello do Santiago de Compostela.
 "Un espazo vivo que florecerá todas as primaveras"en palabras da súa irmá,Bea Caamaño; "Un lugar de encontro no camiño" nas palabras de Goretti Sanmartín.

No club de lectura de Bacharelato, estamos a ler a súa segunda novela, Morgana en Esmelle.




















Presentación de Morgana en Esmelle en Vigo

10/1/19

No mes de xaneiro, voltamos con forza


O luns 14 de xaneiro comezamos o ano con novas sesións dos diferentes clubs de lectura.

Na primeira sesión da semana:

Segunda sesión: Fóra do normal de María Reimóndez. Desta volta, co grupo do club de lectura, Baleas de Caneliñas.

Terceira sesión:



7/1/19

Resumo do primeiro trimestre



 No primeiro trimestre do curso, lemos as seguintes obras:

Dedicamos máis de unha sesión a cada un dos libros elixidos, xa que o tempo dos recreos ás veces non nos chega, e os debates están a ser de moito interese, pois temos diferentes visións e moito que aportar.



Arroases de Estorde: Astérix en Italia e Fóra do normal






O club de lectura de Bacharelato, comezou con poesía co Long Play e Aplicación Instantánea.






 Arroases de Gures, comentamos Las lágrimas de Shiva.


 Arroases de Ézaro, lemos El coleccionista de relojes extraordinarios e Crónicas marcianas.

 Baleas de Caneliñas, traballamos e comentamos O diario vermello de Flanagan


Tamén organizamos un concurso de relatos de medo e temos outro en andamento 

O 25 de novembro, participamos coa lectura dun relato teatralizado de !Sentinela Alerta! de María Xosé Queizán.







O día 4 de xaneiro, publicouse a resolución definitiva da convocatoria dos Clubs de Lectura para este curso, 2018-2019- A fotografía publicada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, é da primeira sesión do Club de lectura de banda deseñada multilingüe. Que sopresa!