Biblioteca IES Agra de Raíces.

30/3/19

De viaxe arredor dos libros

O grupo Baleas de Caneliñas, alumnado de 4º da ESO do club de lectura Libros Coma Area! aproveitou a viaxe cultural, organizada polo IES Agra de Raíces a Amsterdam e Bruxelas, para coñecer outras bibliotecas e explorar novas formas de viaxar arredor dos libros.

Anne Frank Museum

Biblioteca. RijksMuseum

Roteiro do comic. Bruxelas

24/3/19

Biblioteca escolar, espazo de lecturas




O pasado venres, o noso club de lectura estivo presente nos Encontros de mellora de bibliotecas escolares de Galicia 2019, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Agradecemos o convite á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.



A responsable do club de lectura Libros Coma Area!, Mercedes Teijeiro, participou na mesa de experiencias "Biblioteca escolar, espazo de lecturas" con Covadonga Rodriguez, do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña.

Nos Encontros, Mercedes estivo acompañada pola responsable da nosa biblioteca escolar Biblioraíces, Biblioteca Viva, Silvia Flores.



Foi unha xornada moi produtiva. Compartimos experiencias, fixemos novos contactos e aproveitamos para saudar a profesorado doutros centros de ensino.

18/3/19

Crónicas de la Torre - I- El valle de los lobos de Laura Gallego


Nova sesión do grupo Arroases de Gures, 1º da ESO. O mércores día 27 de marzo, no segundo recreo, na biblioteca.
Comentaremos Crónicas de la Torre -I- El valle de los lobos de Laura Gallego.


15/3/19

Versos que rompen as paredes. Carlos Negro


Os días 20 e 21 de marzo, novas sesións do club de lectura de 3º da ESO, Arroases de Estorde para ler poesía e preparar a visita ó noso centro, durante a semana cultural do poeta Carlos Negro Romero.

Comentaremos Makinaria, Penúltimas tendencias e Aplicación instantánea.