Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/4/15

Parabéns a Agustín Fernández Paz.

Libroscomarea tamén leu a Agustín Fernández Paz no curso 2013-2014, nós fomos un deses 64 clubs que lemos algún libro del no curso pasado. Por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura recoñéceselle o Premio dos Clubs de lectura que se lle entregará nas Xornadas dos clubs que se celebrarán en xuño.

23/4/15

Nunca seré tu héroe no club do 1º ciclo.

María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.

Fai dous cursos que libroscomarea leiu este libro no club e resultou un éxito, a ver os alumnos e alumnas deste curso o que opinan.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

22/4/15

Os fillos do mar

Case nos olvidamos de comentarvos que no club de lectura de bacharelato estamos lendo a novela de aventuras Os fillos do mar de Pedro de Feijoo.
Lemos en moitos blogs e foros que se estaba lendo ou xa se lera esta novela en moitos clubs e libroscomarea sempre acerta cando elixe unha novela recomendada nestes sitios amigos.
A verdade é que agora que xa levamos todos varios capítulos sí podemos dicir que foi boa elección; podedes vernos nos corredores, na porta da cafetería, na biblio...preguntándonos:
- Ti en que capítulo vas?
- Ah sí, entón xa pasaches.....
- Pois verás o que pasa despois....
- Eu non entendo a onde quere chegar.....


13/4/15

Rematamos o Diario Vermello de Carlota no club de bacharelato.

O Diario Vermello de Carlota, de Gemma Lienas, é un libro de divulgación sobre a sexualidade escrito para adolescentes. Un libro que se adoita ler moito nos clubs de lectura e que libroscomarea tardou uns anos en elixilo pero valiu a pena, as opinións foron diversas entre os lectores e agora queda pedente O diario de Flanagan, que se debería ler paralelamente con este pero que nós imos deixar para outro momento para cambiar un pouco de estilo.

7/4/15

Xuntanza 1º ciclo

Foi a xuntanza dos libros de Fran Castro, a uns gustáronlles e a outros non tanto, houbo opinións diversas. O que sí coincidimos é que o favorito é Chamádeme Simbad, Un bosque cheo de faias enganou a moitos dos lectores en relación ós sucesos dos personaxes pero moi bo resumo.