Biblioteca IES Agra de Raíces.

3/3/21

Mulleres, mozas e nenas.

En tan só uns días chegaremos ao 8 de Marzo e festexaremos o Día internacional da Muller. Dende o club de lectura Libros coma Area gústanos facer mención a tan sinalada data, ainda que sabemos ben que a loita da muller pola igualdade e dereitos fundamentais hai que practicala todos os días do ano.

É por iso que, con antelación, as alumnas e alumnos integrantes do club están xa a realizar un exhaustivo traballo de campo :) para coñecer máis profundamente a vida e obra de diferentes autoras. Autoras vivas, autoras mortas, autoras brancas, autoras negras, autoras africanas, autoras canadienses, autoras... Tanto ten, porque todas elas son mulleres que, en definitiva, e a través do seu traballo, axudan ou axudaron a romper as regras impostas pola sociedade na que lles tocou ou toca vivir.

De quen falamos? Aquí tedes unha pequena representación:


?????
Adiviñade!