Biblioteca IES Agra de Raíces.

30/4/19

Club de lectura de 1º ESO. Arroases de Gures

O grupo de 1º ESO, Arroases de Gures, decidiron ler o libro de Laura Gallego que elixiramos este curso para 2º ESO despois de disfrutar e comentar Crónicas de la Torre

A sesión de debate celebrase o xoves 2 de maio, no segundo recreo, na nosa biblioteca.


22/4/19

Día Mundial do Libro 2019

Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.



11/4/19

Obradoiro de escrita e ilustración na MiiC


 AQUELA NOITE DE VERÁN
Unha mañá de verán soa o teléfono en comisaría, o inspector acude ao aviso do asesinato daquela rapaza que fora asesinada tras unha noite de festa cas suas amigas.
O equipo de investigación comeza cos interrogatorios. O principal sospeitoso, a sua exparella, sen coartada. As suas amigas declaran que a última vez que a viron con vida foi ás cinco da mañá, discutindo cun home traxeado. Afirman ter visto unha arma no traxe do home.
Tras unha longa conversa ca subinspectora averiguan a marca da pistola. Comparándoa ca bala encontrada no corpo da víctima dictaminou que so podía coincidir ca pistola do seu compañeiro, polo tanto, el era o verdadeiro asasino.

Alumnado: Alexandra, María, Diana, Paula, Laura e Breo. 



PESADELO
Realidades discernidas nos nosos pesadelos cada vez que o vemos. Ansiedade, medo, afogamento, dor, angustia, martirio… Sempre que aparece. Escóitase o pechar da porta, e vese a súa sombra saír das tebras máis absolutas. E alí estamos nós, no medio, sós, con noso maior temor. Vendo como se acerca… Como queres ti que acabe?






Había una vez un pulpo llamado Ramón el Cabezón. Pertenecía a una familia que se encargaba de destruir planetas con sus naves espaciales llenas de pulpitos. Un día unos aliens invadieron el planeta Octopus. Esta invasión desencadenó una Guerra Universal. Todos los pulpos del planeta se murieron y los aliens se convirtieron en los reyes del Universo.

Javier Rodriguez, Ainhoa, Santiago, Adriana.


Froitas Vila(s)
A historia comeza con Javier, unha persoa como outra calquera ata o día que decidiu mercar froita.
Chegada a noite, probou unha gran papaia, a cal lle provocou fortes dores estomacales. Tras ser diagnosticado de lipotimia, regresou a casa e decatouse de que desprendía unha extraña enerxía. Posuía o poder de dormir á xente e facer desaparecer o material escolar.

Tras saltar á fama, era mundialmente coñecido como O´Vilaaas, heroe desinteresado e dono dunha multinacional. Larga vida O´Vilaaas!





Blanca como a neve
corre como unha lebre
cara a casiña
da tía Mariña.

 Érika Maceiras, Clara, Alba, Erica Cambeiro e Lara 







DOBRE

Unha escura tarde, oíndo o rebumbio das pingas da choiva na sucia ventá daquela noxenta taberna onde tantas tardes pasei. Alí estaba eu, remexendo os recordos da miña mente. Aquela lonxana noite, andaba eu polos baixos fondos de Londres, aquela capital que tan horrendos recordos me traía. Andaba perdido, vagando polas molladas, escuras e frías rúas cara un lugar que non coñecía, pero que estaba a dar voltas na miña caluga.
Soaban as campás da igrexa cando petei naquela carcomida vella  porta. Non había ninguén, a porta estaba aberta, deixandome ver o escenario que tantas veces soñara. Había sangue por doquier, no centro da estancia, non puiden crer o que vin, o cadaleito de alguén que cría coñecer. A cabeza na peceira e o corpo inerte cun profundo burato onde debería estar o corazón. Ante tal horribel escenario, aproximeime o baño e contemplei o imaxinable: a miña fifura distorsionada matara aquel corpo, non podía demostralo, pero sabíao. Todo o tempo fora eu ...

Arroases de Estorde.