Biblioteca IES Agra de Raíces.

23/2/19

Loving Vincent, the film



O día 28 de febreiro, asitiremos á proxección do filme Loving Vincent, the film de Dorota Kobiela & Hugh Welchman, na sala Numax de Santiago de Compostea.
Tratase do primeiro filme de historia pintado ao óleo. Acadou o premio ó mellor filme de animación nos Premios do Cine Europeo 2017.
Poderemos disfrutar da historia dos últimos días na vida de Vincent Van Gogh pintada a man, fotograma por fotograma, por centos de mans atistas de todo o mundo a partir dos cadros do artista holandés.
A proxección en versión orixinal en inglés, con subtítulos en galego, está dentro do programa didáctico  Numax na escola.

Aproveitaremos a viaxe a Compostela para comentar O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro cos grupos do club de lectura Arroases de Estorde e Baleas de Caneliñas.

Tamén imos achegarnos a visitar a exposición MiiC(Mostra internacional ilustración contempóranea) onde realizaremos unha visita guiada e participaremos nun obradoiro.

Estas actividades están organizadas polo departamento de plástica do IES Agra de Raíces e o club de lectura.

Lembrade que saímos ás 8:30 horas!








Para saber máis 

No hay comentarios:

Publicar un comentario