Biblioteca IES Agra de Raíces.

2/7/18

ACTUACIÓNS FINAIS DO CURSO 2017-2018


Rematamos o curso expoñendo, no "Curruncho da lectura" da entrada do centro, un exemplar de cada un dos libros lidos ao longo do curso (35), decorando a nosa árbore coas súas portadas (como se pode ver na foto). 



O martes 26 de xuño, tras a entrega das notas, reunímonos todos os membros do club para recomendarnos lecturas para a época estival.  desexarnos unhas boas lecturas baixo o sol do verán e facer unhas fotos de grupo, para engadir ás que xa fixéramos os días anteriores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario